“Non pode haber parroquia con vivendas sen saneamento ou con vertedoiros incontrolados”

percorrido de Patricia Boedo por cada parroquia do concello de Arteixo
Patricia Boedo cos veciños da parroquia de Oseiro
La candidata do Psoe Arteixo estivo en Uxes e na parroquia de Oseiro los día 16 e 17 onde explicou medidas específicas do programa

A candidata do Psoe Arteixo, estivo coa veciñanza de Uxes explicando as propostas para este núcleo rural. Hoxe a cita é na Casa Victoria ás 20:30 horas na parroquia de Morás

Patricia Boedo sinalou en Uxes a importancia dun concello verde e saúdable en cada parroquia. Propuxo medidas para “controlar os vertedoiros ilegais" e evitar caso coma "o que hai aquí en Freán”. Tamén, paro control do ruído do tren en Uxes, así como  promover o uso das antigas vías sen uso como vías verdes".

“No século XXI non pode haber parroquia con vivendas sen saneamento ou con vertedoiros incontrolados”, explicou. Ademáis das medidas específicas do programa para Morás quixo lembrar de novo a necesidade de desenvolvemento do PXOM para a ampliación dos núcleos rurais "tras 12 anos esperando".

Creación da Casa das Artes

Os socialistas participaron onte na tradicional ofrenda floral  a Manuel Murguía organizada pola Asociación de Veciños Manuel Murguía en Solymar. Alí tamén tiveron un encontro coa veciñanza.

A candidata Patricia Boedo, sinalou a importancia de ampliar a oferta cultural como “un eixo transversal para a xuventude, os maiores, o emprego, a hostalaría e o turismo. Precisamos unha Casa das Artes, para ampliar a escola de música, dotar de locais de ensaio e espazos creativos para artistas locais e entidades culturais, ademais dun novo auditorio”, explicou Boedo.

Boedo tamén fixo un repaso das propostas para Solymar, incidindo no compromiso de proxectar o traslado das liñas de alta tensión. de Solymar. Así mesmo crear un programa de Espazos Abertos e mellorar a presencia policial en toda a parroquia de Osiero coa "policía de barrio". Ligazón ao programa do Psoe Arteixo. Debaixo calendario completo de mítins.