Aprobada a moción do Bng para redactar un plan xeral para Arteixo

Xurxo Couto, voceiro do Bng no pleno de Arteixo
O goberno local comprometeusea que antes de que acabe o ano estea adxudicado o contrato para a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal

A corporación comprometeuse por unanimidade a redacta e levar a cabo o plan xeral antes de finalizar 2021


O Bng de Arteixo presentou dúas mocións no pleno, unha sobre a necesidade de redactar un plan xeral (PXOM) en Arteixo neste 2021. Outr, sobre
a execución da obra do enlace ferroviario a Punta Langosteira. A primeira foi aprobada por unanimidade, comprometéndose o goberno a que antes de que acabe o ano estea adxudicado o contrato para a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

En canto á moción do enlace ferroviario a Punta Langosteira, foi para recordar sobre o tema e instar ao goberno do Estado a proceder de inmediato á licitación do proxecto. "Neste mes de abril soubemo que o Ministerio incluirá esta obra nos fondos europeos Next Generation, cunha previsión de confirmación en xullo. En cambio, desde o BNG de Arteixo cremos que é unha falta máis de compromiso pois, cremos que non estaría adxudicado ata 2023, sen contar posibles prórrogas. Iso sen contar que, ao ser a conta de cartos europeos, irá en detrimento doutros proxectos", explicou Xurxo Couto, voceiro dos nacionalistas locais. O PP e PSOE municipal mostráronse en contra da moción.