Mocións do Bng Arteixo no pleno de febreiro

Xurxo Couto, voceiro do Bng no pleno de Arteixo
A outra moción que presenta a pleno é o apoio ás mobilizacións feministas do 8 de marzo e a demanda dos compromisos incumpridos por diferentes institucións

Os nacionalistas levan a pleno crear unha oficina de apoio dixital e medidas contra os abusos bancarios

O Bng de Arteixo leva ao pleno de Arteixo de mañá, unha ambiciosa moción para a creación dunha oficina de apoio dixital e a adopción de medidas contra os abusos bancarios. "A transformación dixital é imparable e ofrece comodidades para a xente preparada. Porén, hai que ter a fenda dixital existente para outras persoas sen coñecementos ou medios. A pandemia serviu de desculpa ás entidades bancarias para diminuír o trato presencial sí como para pechar oficinas", explican.

Lembramos que o grupo municipal xa conseguiu a creación dunha aula CeMIT no municipio. Agora vai un paso máis. Piden a creación dunha “Oficina de apoio dixital” axude á veciñanza nos trámites dixitais coa administración e coas entidades bancarias. Así mesmo, propón que "o Concello só estableza relacións bancarias con entidades que traten de xeito correcto aos clientes e que non pechen oficinas no concello".

Pola igualdade

A outra moción que presentan a pleno é o apoio ás mobilizacións feministas do 8 de marzo e a demanda dos compromisos incumpridos por diferentes institucións. Ademais, esixir á Xunta de Galiza o cumprimento de impulsar cláusulas de igualdade na contratación pública galega. Tamén, demandarlle a elaboración dunha nova Lei de igualdade.

Rogos e preguntas

Por outra banda, preguntará sobre o Parque Eólico Mariño Nordés e do San Brandán. Tamén leva dous rogos: