O Certame Manuel Murguía aumenta a contía dos premios
A entrega dos premios é o venres 14 ás 20:00 horas no Centro Cívico e Cultural de Arteixo
O pasado 18 de abril a organización do XXX Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo anunció os finalistas dos premios. Así, céntrase na cerimonia de entrega que se celebrará o próximo 14 de maio ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.
O xurado, composto por Álex Mene Pazos (gañador da 29ª edición), Beatriz Maceda Abeleira (escritora representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Inma Otero Varela (crítica representante da Asociación Galega da Crítica) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (director literario do Certame, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (neste caso por orde alfabética de título):
- A caverna de Lara, presentado baixo o lema “Moura do Bosque”
- As orfas daquel verán, presentado baixo o lema “Maggie Moon”
- Xanelas, presentado baixo o lema “Rosalía Pousada”
De todos os relatos recibidos, 70 foron admitidos a concurso por cumpriren as bases. Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000€ para o primeiro, 2000€ para o segundo e 1000€ para o terceiro. Aumentan, por tanto, o segundo premio en 500€ e o terceiro en 400€.
Homenaxes e música
O acto de entrega contará coa actuación musical de Xurxo Souto, quen ademais conducirá o acto. O evento incluirá tamén unha lembranza da figura de Xela Arias, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
Previamente inaugurase o Paseo das Letras, unha homenaxe a todos/as as persoas gañadoras destes 30 anos de galardón mediante a súa propia placa conmemorativa. Tamén será plantada unha árbore, como vén sendo habitual en cada aniversario. Por outra parte, aquelas que acudan ao evento poderán desfrutar dunha escultura de Dores Polo e Benito Freire situada perante a fachada do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Foi instalada o pasado 13 de novembro de 2020 co gallo do 30 aniversario do Certame de narracións breves Manuel Murguía.