Presentan guía para prevención de violencias machista entre a xuventude

A guía de prevención de violencias machistas presentarase no centro social de Meicende o día 18 dás 11 horas y no I.E.S. Manuel Murguía o dia 26 ás 18 horas

O concello de Arteixo, ó abeiro do Pacto de Estado, elaborou unha Guía para prevención de violencias machistas entre a xuventude  dirixida ás familias, para detectar a violencia de xénero na mocidade, tanto entre as posibles víctimas como nos posibles agresores.

Según informe do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e

Igualdade, unha de cada tres persoas xóvenes non identifica os  comportamentos de control con violencia de

xénero. A Fiscalía Superior de Galicia no seu informe do ano 18 recentemente

presentado tamén fai referencia ó incremento dos casos de violencia de xénero

nos que están implicados menores.

A influencia dos estereotipos  e a realidade dixital nas relacións entre a

xente nova fai que sexa necesario poñer medios para que a xuventude e a

comunidade educativa tomen conciencia da gravedade das conductas de control,

aillamento ou abuso sobre as mozas como parte da violencia de xénero. Esta

guía, dirixida ás familias, pretende ser un deses medios, tamén co obxetivo de

promover desde o inicio das relación actitudes críticas frente á desigualdade.

Este material de prevención de violencias, presentarase para o seu debate e reflexión ás familias en dúas charlas, en horario de mañán e de tarde e en distintas ubicacións do territorio do concello para facilitar a asistencia e participación: No centro social de Meicende o día 18 de novembro ás 11 horas y no I.E.S. Manuel Murguía o 26 de novembro ás 18 horas

Convidamos a pais, nais ou persoas educadoras a falar do que vemos e vivimos, e cómo actuar antes situacións que nos  preocupan. Para eso contaremos ca presentación da concelleira de Igualdade, Inés Ramos, responsable da edición desta guía e  coa psicóloga do Centro de Información ás Mulleres, Victoria Rey. VIDEO https://www.youtube.com/watch?v=htl32U1yDi4