Recomendacións para a prevención no comercio da covid-19
O sector busca achegar a máxima confianza aos seus clientes na súa reapertura.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou unhas recomendacións para a prevención ante o coronavirus no comercio. En esta línea son medidas a ter en conta antes de ir traballar:
- como identificar ás persoas sensibles
- non acudir en caso de febre ou síntomas respiratorios
- ou facer desprazamentos, mellor de xeito individual
Además estas recomendacións da Xunta inciden na prevención:
- distancia de seguridade que deberá ser de dous metros entre clientes, produtos e persoal
- adoptar medidas de barreira nas zonas de atención ao público
- e controlar o aforo organizando a entrada por quendas e indicando un horario de atención preferente a maiores de 65 anos
Recomendacións de hixiene
En canto á hixiene e limpeza o Issga fai fincapé nestas medidas:
- lavado frecuente de mans,
- evitar tocar nariz, ollos e boca,
- cubrir as vías respiratorias cun pano desbotable ao tusir ou esbirrar,
- limpar e desinfectar espazos con frecuencia (mostradores, pomos, probadores…),
- ventilar , protexer o produto para evitar a súa contaminación pola exposición e manipulación
Medidas organizativas
Tamén se recollen medidas organizativas como a sinalización no chan das distancias e camiños, e fomentar o pago por medios electrónicos así como o comercio online.
O Goberno galego insiste tamén na importancia de empregar material de limpeza recomendado polas autoridades sanitarias, entre o que non se atopa o ozono e recorda a importancia de seguir as recomendacións da campaña #SeguimosAdiante.