“Primeiros Pasos”, cara un futuro libre de violencia
A Asociación Daleth organiza, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) de Arteixo, a actividade “Primeiros Pasos”, cara un futuro libre de violencia. O programa está composto por 4 obradoiros vivenciais de Coaching dirixidos a mulleres en situación de risco e/ou vítimas de violencia machista. O obxectivo é traballar o fortalecemento a través do empoderamiento persoal, para que poidan saír da situación na que se atopan. Desenvolveranse ferramentas para o día a día en prol para poder xestionar mellor as situacións, os medos, poder sacar a mellor versión delas mesmas, conectando cos seus valores persoais, a través de dinámicas, vídeos e reflexións, para crear novos mapas de ruta.
Realizarase nas instalacións do CIM de Arteixo (Av. do Balneario, 10), en horario de 16.30 a 18.30. O primeiro obradoiro será o vindeiro xoves 27 de Setembro. Nos meses de outubro celebranse os días 4,18 e 25.
A inscripción a estes obradoiros, subvencionados polo Concello de Arteixo, pódense facer a través do correo electrónico: daleth@asociaciondaleth.com ou nos teléfonos 622.188.573 / 608.476.497