Programación para conmemorar el 25N

La nueva app se presenta dentro de la programación del 25N 2021
En el calendario de programación se presentará una nueva herramienta digital dirigida cuyo objetivo es concienciar sobre la violencia de género

Arteixo inicia su programación el jueves 25 y pone en marcha nuevos recursos para concienciar sobre la violencia de género

El Concello de Arteixo preparó una programación especial para conmemorar el 25N 2021. Asimismo, presentará la puesta en marcha de recursos de concienciación sobre la lucha contra de violencia de género. Esta última iniciativa que se enmarca en la programación es una aplicación digital dirigida a la juventud del municipio.

Jueves, 25 noviembre

  • Iluminación da fachada do concello
  • Acto institucional contra á violencia de xénero – lectura do manifesto en contra da violencia de xénero no pleno municipal. Acto público, aberto a toda a cidadanía
    Horario: 12:00 horas - Lugar: Salón de Plenos do Concello - Reparto de bolsas con mensaxes de rexeitamento á violencia de xénero nos establecementos de Arteixo

Venres 26 novembro:

  • Obra de teatro: Insubmisión - Horario: 20:00 horas - Lugar: Auditorio Centro Cívico Cultural de Arteixo

Sábado 27 novembro:

Presentación App Conecta Con-Sentimiento en la programación

  • Conecta CON SENTIMENTO é unha APP con información e recursos acerca da violencia de xénero dirixida principalmente á xuventude de Arteixo, que pode ser descargada nas plataformas de iOS e Android.
  • O obxectivo desta aplicación é a abordaxe e a detección de indicadores de abuso nas relacións de parella, dos mitos do amor romántico e da importancia de manter relacións igualitarias e libres de machismo.
  • A aplicación permite que a rapazada poida analizar de xeito anónimo e por si mesmos/as ás súas relacións de parella e tirar as oportunas conclusións.
  • Dispón dun apartados de suxestións e consultas directas co CIM que serán tratadas de xeito totalmente confidencial. Conta tamén cun apartado onde se recollen os outros recursos aos que acudir no caso de ser preciso.

Estadísticas

Número de casos novos no que vai de ano por unha problemática de violencia de xénero:

  • Ano 2021: (datos actualizados a 17 nov) 30 casos novos
  • Ano 2020: 47 casos novos (ano completo)
  • No relativo ao número de fillos/as de mulleres vítimas, ascende a un total de  41 casos, dos cales un 68% son menores de idade.
  • Das 30 mulleres atendidas por primeira vez por unha problemática de violencia de xénero neste ano, un 30% non presentaron denuncia contra a súa parella o que supón un incremento dun 14% de mulleres que non denunciaron respecto ao ano pasado.
  • Un 60% delas acudiron ao servizo por iniciativa propia, seguido dun 23 % que chegaron a través de derivación da Garda Civil. O resto dos casos chegaron a través de derivacións dos Serv. Sociais municipais principalmente, de amizades, outras entidades ou directamente por derivación do xulgado.
  • Do total dos casos novos, un 77% mantiñan unha relación matrimonial ou de parella con convivencia co agresor, un habendo polo tanto un 23% de agresores que maltrataron ás súas parellas logo da rotura da relación.

Programas específicos

  • Programa ATENPRO (Teleasistencia móbil): no que vai de ano leváronse a 9 altas. Actualmente teñen este dispositivo activo 17 mulleres. Desde o ano 2005 que se asinou o convenio, un total de 141 mulleres dispuxeron do teléfono de Cruz Vermella para situacións de emerxencia.
  • Programa de inserción laboral: neste momento hai 6 mulleres incorporadas neste programa financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e impartido por entidades de iniciativa social.
  • Programa de atención psicolóxica para menores fillos/as de mulleres vítimas da vx: foi posto en marcha no mes de outubro,  ata o momento hai cinco menores con intervención activa dun total de 15 demandas rexistradas en dous meses.
  • Mesa de Coordinación Policial: nestas reunión participan habitualmente, ademais do CIM, as FCSE e unha das educadoras municipais. No ano 2021, derivado do contexto da pandemia, tiveron lugar ata o  momento 2 reunións.  Cos últimos datos facilitados pola Garda Civil para a MCP celebrada o 25/10/2021, hai en Arteixo 8 casos en nivel de risco medio, 27 en risco baixo e outros 54 en nivel de risco non apreciado, o que supón un total de 89 casos con seguimento policial e social pola situación de violencia de xénero. Destes un total de 6 mulleres dispoñen dun dispositivo telemático (COMETA) de control do cumprimento das medidas de afastamento por parte do agresor. Estes datos poden ser variables dun mes para outro.