Proxecto de actividade física para mulleres con cancro

O Concello de Arteixo pon en marcha este mes de abril, un proxecto de actividade física para mulleres con cancro dando un novo salto en beneficio da saúde.
Actividade física para mulleres con cancro.
photo_camera Actividade física para mulleres con cancro.

O Concello de Arteixo pon en marcha este mes de abril, un proxecto de actividade física para mulleres con cancro.

O Concello de Arteixo pon en marcha este mes de abril, un proxecto de actividade física para mulleres con cancro dando un novo salto en beneficio da saúde, iniciáronse as inscricións a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Arteixo. As clases terán lugar nas instalacións da Piscina Municipal de Meicende cada Martes e Xoves de 11h a 12h con Lucía Noya Casas, Graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, colexiada 63.457 e experta na materia.

Tras a inscripción, a educadora física fará unha valoración inicial individual para a posterior incorporación ao adestramento en grupo en unha das salas do ximnasio, no cal se realizarán os exercicios individualizados e adaptados a cada persoa.

Con esta actividade preténdese mellorar a calidade de vida das mulleres que estean pasando por un proceso oncolóxico contribuíndo a paliar os efectos secundarios do tratamento grazas ao traballo individualizado, personalizado e coas adaptacións precisas para lograr que cada día se sintan mellor a todos os niveis.

Impacto da enfermidade

O diagnóstico de cancro ten un impacto negativo na calidade de vida das mulleres motivado non só pola propia enfermidade se non polos efectos secundarios dos tratamentos. Hai diferentes síntomas que poderían chegar a cronificarse e precisar tratamento como a fatiga, sofocos, trastornos do soño, alteracións na concentración e memoria, linfedema, alteracións na imaxe corporal, aumento de peso, etc.

O sobrepeso ou a obesidade é un factor de risco relevante non só para desenvolver un cancro, se non tamén pode empeorar o pronóstico do tumor unha vez que este foi diagnosticado. A maiores convén facer mención a cardiotoxicidade asociada ao tratamento, como hipertensión, ritmos cardíacos anormais ou insuficiencia cardíaca que poden aparecer anos ou incluso décadas despois de que o tratamento termirase.

Todo isto pode mellorar grazas a actividade física, pois son moitos os estudos que mostran que as mulleres fisicamente activas teñen un risco menor de cancro así como de ser recidivas que as mulleres inactivas aumentando a supervivencia.

Para máis información pódese achegar ao CIM de Arteixo ou contactar no teléfono 981 60 14 15.

Más en Arteixo