O Bng volve pedir celeridade no proxecto de conexión ferroviaria ao porto exterior
Os nacionalistas agardan que non se demoren os prazos e a proxecto se poida licitar a finais de 2021
O Ministerio para a Transición Ecolóxica deu o visto e prace definitivo á prórroga por dous anos da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de enlace ferroviario do porto exterior. Por isto, o Bng de Arteixo "quere recordar que o tren do porto exterior é fundamental para o seu desenvolvemento así como para a creación de riqueza en Arteixo e no resto da comarca".
Os nacionalistas levaron diferentes mocións e preguntas aos últimos plenos do Concello de Arteixo sobre o tema. "Con respecto a este proxecto de conexión ferroviaria, son moitos os trámites que aínda quedan por facer e por iso pedimos a maior celeridade para a súa execución. O Bng non quere que volva ocorrer o desta vez, que houbo que prorrogar a Declaración de Impacto Ambiental que databa de 2017", añaden.
"Ademais, esta prórroga é de 2 anos, tempo que consideramos demasiado. Por iso, solicitamos rapidez nos trámites para non consumir estes dous anos a maiores. Hai consenso sobre o feito de ser unha obra esencial, porén, case se dexia caducar a Declaración", aseguran. Así mesmo, agardan que non se demoren os prazos e a obra se poida licitar a finais de 2021.