Os socialistas de Arteixo inician a súa campaña coa tradicional pegada de carteis
A candidata Patricia Boedo declarou que esta será “a campaña da xente” con 20 mítines nos 15 días de campaña
Os socialistas de Arteixo comezaron a campaña electoral das municipais de 2023 coa tradicional pegada de carteis na rúa. A candidata socialista, acompañada de militantes, iniciou un percorrido dende a Casa do Pobo socialista onde descubriu o primeiro cartel de campaña para continuar coa pegada por varios puntos do concello. Patricia Boedo declarou que esta será “a campaña da xente” con 20 mítines nos 15 días de campaña, e casi outros tantos repartos polas distintas parroquias do concello para tratar directamente coa veciñanza. “O obxectivo é que non quede ningún veciño ou veciña de Arteixo sen coñecer o noso programa de goberno”.
"Escoitar as demandas da xente"
“O programa -engade- non é un documento pechado senón a base na que construír o Arteixo do futuro. Queremos que a veciñánza o coñeza para facelo seu e seguir aportando”. “As campañas non deben ser só para que falemos os candidatos, senón para escoitar ás demandas da xente. E nós farémolo”
A candidata socialista concluiu pedíndolle “aos meus veciños e veciñas que acepten ese compromiso outorgándonos a súa confianza para que o día 29 de maio poidamos iniciar unha nova etapa para facer de Arteixo un concello de referencia en benestar na comarca e en Galicia”. O programa e as 100 medidas concretas, están ao dispor da cidadanía na páxina web do PSOE de Arteixo na seguinte ligazón: https://www.psoe-arteixo.org/o-noso-programa