Psoe leva a Pleno a reapertura de Radio Arteixo

Simón López, actual secretario Xeral do Psoe Arteixo y portavoz municipal
Simón López, portavoz municipal socialista dí que a radio "é un canle de información plural e aberta á participación da cidadanía"

Coincidindo co Día Mundial da Radio, o grupo municipal presentó unha moción para recuperar un servizo público que estivo activo máis de 20 anos

En 2012 suspendéronse as emisións analóxicas de Radio Arteixo coa promesa de impulsar a súa conversión nunha canle dixital accesible a través da web do Concello. Dous anos despois, o orzamento da emisora municipal desapareceu das contas públicas e deixaron de convocarse o Consellos da radio.

Cando se cumpren dez anos, o Psoe Arteixo reclamará no pleno a recuperación dun servizo público que estivo operativo durante máis de dúas décadas. A proposta céntrase en adaptar a emisora aos novos tempos para aproveitar as múltiples posibilidades que ofrecen os formatos dixitais na actualidade.

Así, os socialistas presentaron unha moción para súa recuperación coincidindo coa celebración do Día Mundial da Radio, o pasado 13 de febreiro. A finalidade, din, "é reivindicar un medio que ofrece información, pero tamén entretemento e mesmo acompañamento para moitas persoas maiores que viven soas".

Simón López, portavoz local engade que a radio "é un canle de información plural e aberta á participación da cidadanía, que era ademais unha importante ferramenta para a promoción económica e do comercio local”.