Galicia mantense no rateo alumno/profesor fronte á medida estatal
A Comunidade galega mantense en postos de cabeza na rateo alumno/profesor, cun 10,2 fronte á medida estatal de 12.
Por eso, para mellora do rateo, os centros de infantil e primaria terán 130 aulas máis o próximo curso que antes da pandemia. E isto malia perder case 9.200 alumnos.
Neste sentido, o Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a modificación do catálogo de unidades. Este catálogo é o resultado da organización escolar atendendo aos datos oficiais de matrícula rexistrados.
Así pois, este curso 2022/23 haberá un total de 7.581 aulas de Infantil e Primaria en funcionamento no sistema educativo público. O que supoñe 130 aulas máis que as 7.451 do curso 2019/20, pese a un acusado descenso de 9.184 matrículas neste período de tres anos.
Con esta distribución de unidades e a dotación de todo o profesorado necesario para atendelas, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades dá resposta as necesidades dos 128.091 escolares matriculados no sistema público para as mencionadas etapas.
Cómpre lembrar que as rateos establecidas pola normativa estatal para Infantil e Primaria son de 25 alumnos por aula. En Galicia, o 70% das aulas destas etapas teñen 2 alumnos ou menos (e destas, o 30% teñen 10 ou menos alumnos).
Tamén a isto engádese que Galicia se mantén nos postos de cabeza no relativo á rateo alumno/profesor, cunha media de 10,2 estudantes por cada docente no ensino, só por detrás de Extremadura e á par de Asturias e Cantabria. A media nacional é de 12.