“Realidad virtual e storytelling” do Ponte dos Brozos obtén un Premio Nacional de Innovación Educativa
Un proxecto do programa Arteixo Innovación, “Realidad virtual e storytelling” do colexio Ponte dos Brozos, obtén un Premio Nacional Fundación GSD, que selecciona os mellores programas de innovación educativa de España.
Cerca de douscentos alumnos do colexio Ponte dos Brozos están desenrolando este proxecto de realidad virtual storytelling como parte de Arteixo Innovación, que abrangue programas relacionados coa innovación en 11 centros educativos do Concello, que acceden así as axudas económicas que se conceden en Arteixo.
Os centros educativos poden desenrolar con estes cartos diferentes proxectos relacionados coas tecnoloxías da información durante o curso escolar. A finais de curso o departamento de Educación do Concello de Arteixo organiza o Encontro de Experiencias sobre Tecnoloxías da Información e a Comunicación que se desenvolve no centro tecnolóxico municipal, no polígono de Sabón.
Os profesores dos distintos centros de Arteixo son os encargados de transmitir as súas experiencias coas TIC como ferramenta para a educación e como medio para facer chegar os seus coñecementos ós seus alumnos.
Os alumnos supervisados pola profesora Begoña Codesal traballaron na realización de contidos coa aplicación Cospaces dirixidos a creación de mundos virtuales en tres dimensións. A partir de esta premisa, os alumnos
podían crear todo tipo de contidos, xa sexan historias animadas, contos, libros, videoxogos, etc. Na creación destes contidos, os alumnos utilizan de forma multidisciplinar materias como matemáticas, lingua, ou outrras asignaturas.