Recital poético musical da xuventude de Arteixo

O "5 Festival de Primavera 2023" inclúe poesía e música
Arteixo celebra hoxe o "5º Festival de Primavera" cun novo recital poético-musical protagonizado pola xuventude do Concello

Participan hoxe do recital seis poetas do IE Manuel Murguía e intérpretes da Escola Municipal de Música

Arteixo celebra o "5º Festival de Primavera" cun novo recital poético-musical protagonizado pola xuventude do Concello. A cita é hoxe, 17 de marzo ás 20:30 horas no Centro Cívico Cultural.

Seis poetas do IES Manuel Murguía presentan os seus propios textos: Aldara Lestón, Artai Lema, Carolina Castro, María Carballo, Nadia Souto e Uxía Souto. Ademáis, serán acompañados por tres intérpretes da Escola Municipal de Música. Actuarán en vivo con obras de Debussy, Fauré e Capaldi, respectivamente. Eles son Alejandra Val Campos (frauta), Alicia Míguez Campello (frauta) e Lía Parga Mosquera (cello).

O Festival ofrécese no marco do Día Internacional da Poesía, a celebrar o 21 de marzo. A proposta está coordinada polo escritor Alfredo Ferreiro Salgueiro, director literario do Certáme de Narracións Breves Manuel Murguía. Convida a cidadanía nesta celebración a Concellería de Cultura de Arteixo.