O Psoe pide recuperar as festas en Arteixo

Nas festas de Arteixo 2021 sólo se organizó unha programación cultural
Os socialistas levan ao pleno recuperación as festas perdidas nos últimos dous anos e crear novas actividades de carácter social, lúdico e cultural

No próximo pleno as socialistas falarán de festas, mellora de novo campo deportivo de Pastoriza y apoio as víctimas da guerra

O Grupo Municipal Socialista reclamará no próximo pleno de marzo a recuperación das festas perdidas nos últimos dous anos. Tamén, a creación de novas actividades de carácter social, lúdico e cultural para dar resposta ás demandas tanto da veciñanza como do tecido hostaleiro e comercial.

Así mesmo, os socialistas preguntarán por algunhas das carencias denunciadas pola veciñanza no campo de fútbol de Pastoriza e súa contorna. Pedirán que se acometan as melloras precisas "para que o club conte cunhas instalacións á altura do proxecto que está a desenvolver", explican. Ademáis, solicitarán a instalación dun peche lateral na grada que protexa aos espectadores da chuvia e do vento e pedirá que se analicen solucións para mellorar a visibilidade.

Apoio

No próximo pleno tamén debaterase unha moción do Psoe local de apoio ás vítimas a guerra. Se instará a destinar os recursos económicos e materiais precisos para ofrecer refuxio ás familias que están tratando de escapar da invasión militar. Lembramos que a Agrupación Socialista de Arteixo está colaborando na campaña de recollida de axuda humanitaria organizada pola asociación O Grilo de Pastoriza en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, abrindo a Casa do Pobo para tal fin.