Psoe Arteixo pide a Repsol que garanta postos de traballo
Simón López apela á responsabilidade social corporativa para pedirlle a Repsol que retire o ERTE
O grupo municipal do PSdeG no Concello de Arteixo mantivo unha reunión con representantes do comité de empresa da refinería de Repsol, que amosaron o seu rexeitamento ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) proposto dende a dirección da compañía. O portavoz socialista, Simón López, amosou o seu apoio ás reivindicacións do persoal e pediulle á empresa que garanta a continuidade dos postos de traballo. O complexo industrial de Meicende é de enorme importancia para Arteixo. Dá traballo a moita xente que vive e consume no termo municipal e a súa tributación é unha das principais fontes de ingresos do concello. O PSdeG defende a necesidade de buscar proxectos alternativos para que a empresa se poida acoller aos fondos europeos de transición ecolóxica.