Reivindican o salvamento e socorrismo como deporte naútico
O secretario xeral para o Deporte reivindica o salvamento e socorrismo como deporte náutico durante a receción aos subcampións de España
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu o 19 de setembro aos integrantes da selección galega de Salvamento e Socorrismo. A reunión estivo encabezada pola presidenta da federación, Nuria Rodríguez, que viña de disputar o Campionato de España en categoría absoluta e cadete que tivo lugar o 2, 3 e 4 de setembro na Praia do Orzán, na Coruña, e na Piscina Municipal de Carballo.
Lete Lasa destacou o “excepcional papel” da delegación galega que competiu no nacional formada por seis xogadores absolutos masculinos, seis absolutas femininas, seis cadetes masculinos, seis cadetes femininas, catro técnicos e dous seleccionadores.
Neste sentido destacou que Galicia acadou un total de 38 medallas: dez de ouro, sete de prata e sete de bronce na categoría absoluta e outras cinco de ouro, cinco de prata e catro bronces na categoría cadete o que lle valeu pata facerse cun segundo posto na clasificación xeral da competición, conseguindo o subcampionato de España de Salvamento e Socorrismo.
Copa do mundo de Salvamento e Socorrismo
Ademais o Secretario xeral reivindicou un deporte como o “salvamento e socorrismo” que a pesar de ter unha federación nova, creada en 1997, é un “deporte náutico máis no que Galicia tamén é potencia do mesmo xeito que o piragüismo, o remo, o tríatlon ou a vela”.
Tamén a responsable da carteira de Deporte subliñou que dende 2004, os clubs galegos aumentaron en máis do dobre, pasando de 6 a 14; e que as licenzas se quintuplicaron, ao pasar de 250 a máis de 1.100.
Destacar a figura de Antía García, bicampioa de Europa e campioa do Mundo e que xa conta cun récord mundial na proba de 100 metros remolque de maniquí con aletas; forma parte da selección galega xunto a Eva Feijoo, Gabriel Rodríguez e Alejandro Chacón que, xunto ao técnico David Orgeira, serán os catro representantes galegos na selección española que disputará a Copa do Mundo o entre o 27 de setembro ao 2 de outubro en Riccione, en Italia.