Seguridade viaria na parada de bus de Candame

Membros do Grupo Municipal Socialista: Ana Cedeira e Simón López cos planos da proposta de seguridade viaria
O voceiro do grupo socialista, Simón López, convida ao goberno local a adoptar a proposta pola seguridade da veciñanza e facela realidade canto antes

O partido socialista elaboró unha proposta que presentó no rexistro municipal de Arteixo

O Psoe Arteixo presentou no rexistro municipal unha proposta para mellorar a seguridade viaria na zona de Candame, Arteixo. Trátase da construción dunha beirarrúa dende o núcleo urbano en dirección á Laracha. Pide ademáis, a dotación de novas marquesiñas a ambos lados da estrada e a creación dun paso peonil resaltado. O voceiro do grupo, Simón López, convida ao goberno local a adoptar a proposta e facela realidade canto antes.

López explica que "o transporte escolar utiliza actualmente unha marquesiña situada á beira da estrada AC-552, de competencia autonómica. Soporta un intenso tráfico de vehículos, sen beirarrúas nin pasos peonís. O inicio do curso volveu poñer de manifesto un problema que o Psoe denunciou xa en anos anteriores. As rapazas e os rapaces de Candame que utilizan o transporte escolar teñen que camiñar varios centos de metros para chegar ata a parada de bus, pola marxe da estrada AC-552 que vai a Carballo".

Simón López advirte que “non son só os escolares, senón toda a veciñanza que utiliza o transporte público” sin seguridade e lamenta a "inacción do Concello e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para solucionar o problema".

Imaxen da zona de Candame que o Psoe denuncia como perigosa