Sesión informativa para inspirar, educar e visibilizar as mulleres na ciencia

Sesión informativa de hoxe no Centro Tecnolóxico de Arteixo
Estivo presente alumnado do IES Pastoriza na sesión informativa de hoxe que repetirase para alumnas e alumnos do IES Manuel Murguía

A iniciativa da sesión informativa forma parte do evento "WIDS Coruña, Woman in data science" que busca inspirar ás novas xeracións

Inés Ramos, Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do Concello de Arteixo, presentou esta mañá unha sesión informativa dirixida ao alumnado do IES Pastoriza. O obxectivo foi servir de inspiración, educar e sobre todo visibilizar o papel das mulleres na ciencia.

Esta iniciativa forma parte do evento "WIDS Coruña, Woman in data science" que busca inspirar ás novas xeracións. Está demostrado científicamente que, visibilizando estes perfís, aumenta o número de alumnado feminino que estuda profesións STEAM. É dicir, carreiras relacionadas coas disciplinas de coñecemento da ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas.

A sesión complétarase con outra dirixida ao alumnado do IES Manuel Murguía, abarcando así todo o nivel matriculado nos centros educativos municipais. A formación inclúe materiais de difusión e concienciación para alumnas e alumnos participantes. Pero, ademáis, dinámicas para que o profesorado poida seguir empregando nas aulas para dar a coñecer as referentes femininas nestas profesións.

A concelleira Inés Ramos durante a sesión informativa