Transporte público para los vecinos de Arteixo que viven en la zona de la Zapateira
A Xunta asina o convenio para que o autobús urbano da Coruña preste servizos nas urbanizacións da Zapateira. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, firmou o 14 de maio este acordo, que tamén deben asinar os Concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo para materializar o convenio.
Esta proposta da Xunta permite darlle solución á demanda dos veciños das urbanizacións de Montegolf, Vallesur e Os Olivos, xa que poderán dispoñer dun servizo de transporte público que facilitará os seus desprazamentos diarios.
Trátase de estender os actuais servizos do bus urbano da Coruña á Zapateira, unha posibilidade que a Xunta permite grazas á Lei 14/2013, para dar solución a situacións como esta e que xa se vén aplicando con éxito desde o ano 2015 en Meicende.
Liña 24
A actual liña 24 de bus urbano da Coruña, que pasa polo Campus da Zapateira e vai ata as urbanizacións do propio termo municipal coruñés, apenas dista 3 quilómetros das novas urbanizacións ás que se quere dar servizo de transporte público.
O máis eficiente é permitir que o bus urbano da Coruña saia un pouco do seu termo municipal, prolongando a liña 24 ata estas urbanizacións destes concellos limítrofes.
O convenio contempla os termos relativos aos horarios ou frecuencias, acordados entre os citados concellos e a propia empresa concesionaria do bus urbano.