Seis altas e 12 falecementos por coronavirus
Seis altas e 12 falacementos. Un día máis, a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade actualiza o número de casos de coronavirus en Galicia. A cifra ascende a 721, deles 195 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 74 da de Ourense,112 da de Pontevedra, 152 da área de Vigo, 108 da de Santiago, e 26 da de Ferrol.
Dos pacentes que diron positivo nas probas por coronavirus, 28 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 527 no domicilio.
Ata o momento, en Galicia rexistráronse seis altas e 12 falecementos. Os tres últimos foron o dunha muller de 68 anos e dous varóns de 93 e 74 anos que estaban ingresados no CHUAC. Todos tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 4.137.
Fontes da consellería recordan a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves.
Tamén aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademáis da que que ten a disposición da cidadanía
Televisión gratuítas
Resaltar si cabe que as televisión de habitacións de
pacientes con coronavirus xa son gratuítas. A medida enmárcase como complemento
á restricción de acompañamento nos centros sanitarios, de limitación dun
acompañante por paciente.
Así, todos os hospitais da rede do Servicio Galego de Saúde están a facilitar a gratuidade das televisións das habitacións de pacientes que son de pago.
Covidauto
Covidauto é un novo sistema que implantou o CHUAC para realizar probas de coronavirus as pacientes desde os seus vehículos. Os pacientes non teñen que baixar.
Esta medida só se lle realizar as persoas que teñan prescrición facultativa e cita previa. A cita a asigna directamente o Hospital.