Unha veterinaria no rural
Unha veterinaria no rural visitou o CEIP de Galán.
Visitounos unha veterinaria. O venres 27 de xaneiro tivemos unha visita especial no CEIP de Galán, a veterinaria María Álvarez Rey. A veterinaria impartiu ao alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria unhas sesións informativas de como é o seu día a díatraballando no rural.
María desenvolve a profesión de veterinaria cun grupo de veterinarios na zona rural, encarganse do coidado e saúde dos seus animais, principalmente das vacas.
Aproveitamos a súa visita para aprender máis sobre as vacas, a súa fisonomía, as diferentes razas de vacas, de carne como rubia galega ou cachenas e de leite, neste caso as frisonas, os seus coidados, a producción do leite e moitas máis cousas…
Falounos de como saber os anos dunha vaca, dos nomes que lles poñen, de que se alimentan, son animais herbívoros e rumiantes, que teñen nin un, nin dous, nin tres, senón catro estómagos.
María contounos estas, e moitas máis cousas… Ademais pasámolo moi ben pola súa simpatía e por todo o que aprendemos.
Agora, xa estamos máis preparados para o reparto e degustación do leite que faremos durante o mes de febreiro no noso centro dentro do horario escolar.
Preténdese con esta actividade, subvencionada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), fomentar unha alimentación sá e saudable dentro do entorno educativo.
Seguimos aprendendo en Galán