Remata o xoves a inscripción no curso de socorrismo en Arteixo
O prazo para inscribirse no curso de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais, remata o xoves 5 de decembro. Con él se obterá o certificado de profesionalidade na especialidade.
Trátase dun curso dirixido especialmente aos máis novos do municipio que organiza a Concellería de Promoción Económica, Participación, Xuventude e Novas Técnoloxías organiza. Para participar hai que ter cumpridos os 16 anos e, como mínimo, ter o título da ESO ou Competencias Clave Nivel 2. Tamén é necesario posuir as habilidades e destrezas mínimas en natación.
As solicitudes deben presentarse no rexistro do Centro Arteixo Innovación, Avda. Arsenio Iglesias, parcela 46, Polígono de Sabón, Arteixo. Para máis información poden chamar ao teléfono 981640572 antes do xoves.