Xurxo Couto repite como candidato do Bng Arteixo nas municipais 2023

O candidato á alcaldía de Arteixo, Xurxo Couto xunto a Ana Pontón, líder do Bng
O actual concejal e agora candidato a la alcaldía de Arteixo, Xurxo Couto, foi elexido por unanimidade na asemblea celebrada na localidade

O concelleiro e agora candidato a alcaldía Xurxo Couto, foi elexido por unanimidade na asemblea celebrada na localidade

O actual portavoz municipal e deputado de cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, agradeceu a confianza depositada nel como candidato a alcaldía 2023 en Arteixo. Na oportunidade comprometeuse "a seguir traballando arreo para que o 28 de maio poidamos celebrar un cambio político en Arteixo porque cremos que Arteixo merece máis”. Destacou tamén o traballo que se fixo desde o grupo municipal neste mandato. "Fixemos unha oposición tranquila e responsábel, achegando propostas para mellorar Arteixo e a vida da xente que vive aquí. E, naturalmente para as persoas que veñen ao noso concello".

Agora os nacionalistas están a traballar na elaboración da lista completa que, segundo explicou Couto “estará integrada por persoas solventes, honestas e comprometidas. As portas do Bng Arteixo están abertas a persoas que reúnan estas características e a todas aquelas que queiran traballar por un Arteixo pensado para as persoas, cun urbanismo  inclusivo, democrático, equilibrado e seguro. Onde os espazos públicos sexan de calidade, accesíbeis, onde haxa verdadeiros centros de sociabilización e de convivencia para todas e todos. Xente que crea na recuperación patrimonial, ambiental e cultural mais tamén nos servizos públicos, xente que pense que merecemos un Arteixo ben xestionado", indicou.

Vida profesional e persoal

Xurxo Couto Rodríguez (Ferrol, 1965). Licenciado en Historia, especialidade en Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como docente en Formación Ocupacional de Mestre Canteiro. Como canteiro e arqueólogo, ten participado en proxectos de excavación, consolidación e limpeza do patrimonio. Neste mandato Xurxo Couto partillou portavocía municipal coa responsabilidade de ser deputado provincial de Cultura. Vinculado desde moi novo ao asociacionismo, entre as súas afeccións, ademais do patrimonio e a cultura en xeral, destacan o taekwondo, o xadrez, a música e viaxar.