XXXVI Día da Muiñeira

Día da Muiñeira de Arteixo 2023.

A ‘Muiñeira do Século XII’ será a peza que se bailará no XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo que organiza Xiradela.

 

A 36ª edición do Día da Muiñeira de Arteixo, que año tras año organiza la A.X. Xiradela, cambia de mes.

A 36ª edición do Día da Muiñeira de Arteixo, que año tras año organiza la A.X. Xiradela, cambia este ano de mes e muda este tradicional encontro de xuño a maio. A cita terá lugar o vindeiro domingo 12 de a partir das 18:00 horas no Paseo do Balneario. A peza escollida para esta ocasión, e que executarán de xeito conxunto todos os grupos de baile, é a ‘Muiñeira do Século XII’.

O Día da Muiñeira de Arteixo suma, con esta, 36 edicións poñendo en valor esta peza tradicional e reunindo ao son deste ritmo a bailadores e bailadoras chegados de diferentes puntos da contorna. “Queremos pasar unha tarde chea de música, danza e desfrutando do noso”, comenta Uxía Verdía, presidenta da A.X. Xiradela que organiza un ano máis esta cita.

Nesta ocasión participan 12 agrupacións e un total de 28 grupos de baile. Estímase que ao redor de 300 persoas estarán bailando a mesma peza a un tempo no Paseo do Balneario de Arteixo. O público poderá seguir ao vivo esta proposta cultural a pé de rúa, polo que se agarda unha tarde con moito ambiente no concello arteixán. “Pretendemos conseguir que as rúas estean cheas de bailadores e bailadoras e que a xente sexa consciente de que o folclore, neste caso a muiñeira, está moi vivo e ten continuidade nas novas xeracións”, apunta Uxía Verdía.

Agrupacións que farán parte do XXXVI Día da Muiñeira de Arteixo

  1. A. F. Ancoradoira (1 grupo) (O Burgo)

  2. CEIP Ponte dos Brozos (1 grupo) (Arteixo)

  3. CEIP Arteixo (1 grupo) (Arteixo)

  4. CEIP Galán (1 grupo) (Arteixo)

  5. Colexio Sagrado Corazón Franciscanas (3 grupos) (A Coruña)

  6. Escola Municipal de Folclore do Concello de Betanzos (6 grupos) (Betanzos)

  7. Asociación Cultural Xacarandaina (1 grupo) (A Coruña)

  8. AC Nemeth (5 grupos) (Carballo)

  9. Asociación Cultural Santa María de Torás (2 grupos) (A Laracha)

  10.  A C A Marola (3 grupos) (Mera – Oleiros)

  11.  Agrupación Folklórica Folliñas (1 grupo) (Oleiros)

  12. A.X. Xiradela (3 grupos) (Arteixo)

Cada grupo terá reservado un espazo concreto ao longo do Paseo do Balneario onde se irán colocando ao arranque do acto. Ata en tres ocasións bailarán estes 28 grupos a ‘Muiñeira do Século XII’ a un tempo. Cada un deles executarán os puntos e as voltas que elixiron para esta actuación. Entre cada un os tres pases haberá un descanso.

En esta cita dominical, organizada por la A.X. Xiradela desde o ano 1987, colaboran o Concello de Arteixo, Vegalsa – Eroski e Mesturiña Galega.