14 febreiro Vigo: Obradoiro sexualidade
Manaia, asociación galega de adopción e acollemento, sigue cas actividades do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS".
O 14 de febreiro, en Vigo, 1º sesión de 3: Obradoiro O DESENVOLVEMENTO SEXUAL NA INFANCIA E ADOLESCENCIA: COMUNICACIÓN, SOCIEDADE E EDUCACIÓN, en Oficina 7, calle Areal 138.
Imparte a psicóloga Cristina Martínez, psicóloga e psicoterapeuta especialista en infancia e adolescencia; coordinadora de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia) e tamén coordinadora do Programa “CONVIVE: un modelo de acompañamento parental”.
Obradoiro obxectivo
A sexualidade é un elemento esencial na construción da identidade de calquera persoa e é un aspecto fundamental para o desenvolvemento dunha vida saudable. É preciso que os aspectos clave deste área sexan introducidos na educación dos nosos fillos e fillas, adaptando os diferentes contidos ás etapas evolutivas de cada un. Desta forma, poderán ser integrados e conducirán a un maior coñecemento de aspectos tan básicos como o mundo das relacións, os afectos, o respeto polo outro e pola diversidade; sobre a normalidade dos medos e das dúbidas e pola marabilla do pracer compartido.
O longo da formación traballaranse os seguintes contidos:
- Aspectos clave na infancia a adolescencia: farase un achegamento os diferentes intres evolutivos e cambios importantes que se producen nesta etapa.
- Pautas de comunicación: traballarase sobre aqueles aspectos que poden axudar ou empeorar a comunicación no area sexual entre nais/pais e fillas/os.
- Mitos sobre a sexualidade: a día de hoxe os adolescentes asumen como naturais diferentes mitos que son transmitidos pola sociedade.
- Modelos de masculinidade e feminidade no social: farase unha análise crítica dos modelos transmitidos por diferentes canles; prensa, tv, películas, literatura...
A actividade é de balde e aberta a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.