4 marzo: baile en galego, rockero e de Entroido
22 de febrero de 2019 (07:58 h.)
O 4 de marzo vai celebrarse o baile galego máis rockero do Entroido para toda a familia.
A Cidade da Cultura de Galicia convida aos amantes do entroido, do rock e do galego, a disfrazarse de roqueiras e roqueiros e gozar dun baile especial coa música en directo da banda infantil A Gramola Gominola, unha festa para toda a familia que terá lugar o luns 4 de marzo ás 17.30 horas no Museo Centro Gaiás.
As entradas poden adquirirse na recepción do Museo Centro
Gaiás ou en Ataquilla.com (3 € + gastos de xestión en venda anticipada e 4 € na
billeteira).
A música corre a cargo da banda infantil Gramola Gominola.