A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia aposta pola participación xuvenil
A asamblea da POIG ven de aprobar a creación dun grupo de participación infantil e adolescente.
O pasado 5 de outubro, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, aprobou, durante a súa segunda asamblea anual, por unanimidade, a creación do seu grupo de participación infantil e adolescente. Ademais, nesta reunión falouse longo e tendido acerca dos dereitos da infancia e se trazou un plan para a celebración do Día da Infancia 2021.
O Director Xeral de Familia e Infancia, Jacobo Rey, aproveitou a xuntanza para facer unha visita e compartir coas entidades as últimas novas que dende a Consellería de Política Social se poñen en marcha a prol da infancia:
Observatorio galego da Infancia: Jacobo Rey anunciou o seu compromiso para que o Observatorio «non quede dormido» e recordou a súa constitución unha semana antes de comezar a pandemia. «A previsión e comzar a traballar xa nas vindeiras semanas», apuntou.
Consello Galego de Participación infantil e Adolescente: «hoxe mesmo, anunciou, iniciamos o trámite de notificación pública na web de transparencia da Xunta de Galicia para que toda a sociedade galega aporte as súas suxerencias».
Grupo técnico de traballo sobre o sistema de protección: o Director Xeral tamén anunciou para o mes de outubro a primeira reunión dun grupo técnico de traballo para á mellora do sistema de protección dos nenas, nenas e adolescentes en Galicia. Esta mesa de traballo foi unha das peticións da plataforma galega nos derradeiros meses.
Para finalizar a xuntanza, o Director Xeral de Familia, Jacobo Rey, falou de saúde mental da infancia, un tema que preocupa e que se atopa nestes intres na axenda pública de Galicia e do resto do Estado. «A saúde mental da infancia é un problema sanitario e social», declarou. Neste sentido, avanzou a próxima inauguración da primeira casa especializada no tratamento de trastornos mentais enfocada a nenos e nenas de entre 8 e 18 anos do sistema de protección e a recente posta en marcha da primeria unidade específica en saúde mental infantil no hospital Alvaro Cunqueiro en Vigo.
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia continúa o seu traballo para protexer e promocionar os dereitos infancia e adolescencia de Galicia recollidos na convención sobre os dereitos dos nenos e das nenas.