Adolescentes confinados e Retrincos de cores
Os adolescentes confinados eos nenos eas nenas son un colectivo vulnerable ante a criste do coronavirus.
Así, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía ven de elaborar unha serie de materiais de utilidade para a poboación en xeral e para colectivos concretos. Destacamos "Retrincos de Cores" para á Infancia e "Axenda para adolescentes confina@s" para os adolescentes confinados.
Retrincos de cores
Trátase dun material que aborda desde as familias e coidadores a emerxencia sanitaria polo Coronavirus. O obxetivo son os nenos e nenas, especialmente de Educación Infantil e Educación Primaria.
Ademais Retrinco de Cores é unha ferramenta útil para que os nenos e nenas se expresen desde o debuxo, a través da conversa coas súas propias familias.
Tamén recolle uns exemplos, unhas propostas de actividades e remata cuns consellos útiles para xestionar este complicado momento cos cativos e cativas.
"Axenda para adolescentes confinad@s"
Neste caso trátase dun documento que ten como obxectivo proporcionar pautas para esta etapa evolutiva dos adolescentes confinados.
En concreto, desde a Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia explican cómo afrontar o confinamento. Trátase de partir dunha actitude positiva e fomentar as fortalezas dos mozos e mozas, algo necesario neste momento de espera.