As vocacións científicas temperás ten "importancia estratéxica"
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, inaugurou o 3 de xullo a 19 edición das Xornadas para a aprendizaxe e o ensino das matemáticas (JAEM), que congregou na Coruña uns 500 docentes de todas as etapas para debater sobre cuestións educativas relacionadas con este ámbito, como as vocacións científicas temperás.
Carmen Pomar destacou a “importancia estratéxica” de promocionar as vocacións científicas e STEM desde o sistema educativo e desde idades temperás, de aí que o seu departamento teña en marcha iniciativas concretas como as materias de Robótica e Programación en Primaria e os Clubs de Ciencia e o Bacharelato STEM, entre outras.
O evento está impulsado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) e organizado en Galicia pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema).