"Cambio de sentido", un programa de Vieiro para frenar accidentes
A Asociación Vieiro traballa nas autoescolas de Carballo con seu programa "Cambio de sentido". As estadísticas sinalan que o consumo excesivo de alcohol e outras drogas é un factor que contribúe de forma decisiva ao incremento dos accidentes, a primeira causa de mortalidade entre os mozos e mozas de entre 17 e 24 anos.
A Asociación Vieiro oferta este programa para concienciar sobre o risco que leva aparellado o binomio condución-consumo de drogas.
O obxectivo se concreta nun dobre compromiso:
1.- reducir a porcentaxe de conductores falecidos en accidentes de tráfico no que se detecta a presenza de alcohol ou outras drogas.
2.- reducir o número de conductores menores de 30 anos falecidos en accidentes de circulación estando baixo a influenza do alcohol e outras drogas.
Vieiro fai entrega ao alumnado participante no programa "Cambio de sentido" dun Manual de bolsillo: “Lévao contigo” e dun disco: “Contrólate se bebes” que contén a información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto na mesma do consumo de alcohol e outras drogas.
O programa é totalmente gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo.