“Comedor escolar universal e gratuíto"
Educo lanza o informe “Comedor escolar universal e gratuíto: un obxectivo alcanzable e urxente en España”
Educo ven de presentar este informe “un obxectivo alcanzable e urxente en España”. No informe advirte do elevado número de nenos e nenas que non poden acceder ao comedor escolar a pesar de necesitalo.
Ademais o estudio calcula, por primeira vez, canto costaría que todo o alumnado de primaria das escolas públicas tivera garantido o comedor.
No caso de Galicia, existen un total de 671 escolas públicas de primaria, a maior parte delas con comedor escolar (o 83,2%). Sen embargo, dos 93.831 nenos e nenas que asisten á escola pública de Primaria, 47.854 non acceden ao comedor escolar. Nesta Comunidade, para chegar á gratuidade e universalidade deberan investirse 63 millóns de euros mais.
Na actualidade, a inversión pública para becas e axudas está nos 12,2 millóns de euros; "para que ningunha familia galega tivese que pagar do seu peto, a inversión total do Goberno debería alcanzar os 75,2 millóns. Solo así os 93.931 nenos e nenas desta poderían ir gratis ao comedor do colexio".
Mónica Viqueira, delegada en Galicia de Educo, afirma que “Deseñar un plan específico para dar cobertura a las 113 escolas públicas que non teñen comedor escolar é imprescindible. Debemos conseguir que a taxa de asistencia a este espazo supere o 80%".
Para a ong Educo, o comedor escolar garante a equidade educativa. "Este espazo é básico - apuntan - para o benestar dos nenos e as nenas, xa que os seus beneficios inflúen directamente na súa saúde, nas súas relacións cos compañeiros e compañeiras, a súa formación ou a súa protección".
Educo outorgou, desde o ano 2013, máis de 52.000 becas a nenos e nenas, e traballa en máis de 300 centros educativos e entidades sociais. En Galicia neste período lévanse entregadas 2.801 becas en distintos centros da comunidade.