A importancia da formación no sector do tempo libre

Entrega de diplomas pola escola Capuchino en Ferrol-El Portal de la Infancia

A escola Capuchino impartiu cinco cursos durante o último ano, nos que participaron 72 mozos e mozas.

A Xunta destaca a importancia da formación no sector da educación no tempo libre. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado,
Cristina Pichel, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, fixo entrega dos diplomas aos participantes nos cursos de monitor de actividades de tempo libre ofrecidos en 2021 pola escola de tempo libre Capuchino, en Ferrol.

Nestes momentos ten en marcha outra formación neste ámbito, e de feito a directora xeral puido coñecer de preto as inquedanzas da mocidade asistente ao curso, á que tamén animou a desenvolverse profesionalmente nun sector con importante demanda laboral grazas ás diferentes actividades de conciliación que se realizan ao longo do ano.