Rércod de participación no Programa "Parlamento Xove"
Ao longo desta edición "Parlamento Xove" competiron 58 equipos de toda Galicia
Nesta ocasión a pregunta foi: “Debe a Unión Europea actuar militarmente en terceiros países en defensa dos dereitos humanos?”
O 18 de xuño se celebrou a final do Programa "Parlamento Xove". A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou o récord de participación acadado nesta edición do programa.
Nesta última xornada de "Parlamento Xove" se proclamaron gañadores do certame os equipos:
- IES Rafael Puga Ramón de A Coruña, na ESO
- Colexio La Salle de Santiago, en bacharelato
- e Campus universitario de Santiago 2, en universidades
Ademais, 11 mozos recibiron a mención de honra ao mellor orador.
Neste sentido, na categoría da ESO os mellores oradores foron Lucas Rodríguez Kawalski (do IES María Inmaculada Carmelitas Vedruna, en Vigo); Ana Varela Pose (IES Rafael Puga Ramón, A Coruña); e Noa Santiago Falcón (IES Miguel Ángel González Estévez, Vilagarcía).
En bacharelato: Andrés Collantes Barros (Colexio La Salle, Santiago); Blanca Noya Juncal (Colexio La Salle, Santiago); Óscar Rodríguez de Vivero (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo); e Alfonso Vázquez Losada (Colexio Peñarredonda, A Coruña).
En universidade: Paula Álvarez García (Campus Santiago de Compostela); Pablo Abelleira Acevedo (Campus Pontevedra); Jaime Arangüena Laffón (Campus A Coruña); e María Pedreira López (Campus Santiago de Compostela).
Ademais, os premios aos mellores artigos de investigación outorgáronse ao Colexio Santiago Apóstol de Soutomaior e ao IES Fontexería de Muros.
Comentar que Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude, lembrou aos oradores "a relevancia da palabra fronte á forza como medio para facer valer as distintas opinións. Ademais, convidounos a ter presente o valor da liberdade de expresión, propia das democracias sans".