Unha campaña de vela para ocupar o tempo libre
O Tempo libre da Infancia forma parte da súa formación. A responsable da área de Deportes e Xuventude da Deputación da Coruña, Cristina Capelán Cancelo, fixo entrega o 2 de agosto (2019), na dársena de Oza en A Coruña, dos diplomas de participación no 5º curso da Campaña de Vela que se desenvolveu nas instalacións coruñesas.
A actividade, impartida pola Federación Galega de Vela, estivo dirixida a mozos e mozas de entre 9 e 18 anos, que tiveron clases teóricas para coñecer o manexo das velas e os distintos utensilios para a navegación, afianzar conceptos e resolver dúbidas sobre os exercicios que se realizan. Tamén participaron un obradoiro con prácticas de elaboración de nós mariñeiros.
A Campaña de Vela da Deputación desenvólvese nos meses de verán en seis concellos da provincia no que 240 nenos e nenas que aprenden e practican a navegación. O derradeiro curso deste verán ten lugar en Ortigueira.