A vacina fronte ao rotavirus, disponible para lactantes prematuros
A Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia incorpora desde o luns 18 de novembro (20199 a vacina fronte ao rotavirus en nenos e nenas prematuros. A vacina está recomendada nos lactantes nacidos entre as semanas 27 e 32 de xestación que non teñan contraindicacións e se aplicará en dúas doses: unha primeira a administrar entre as semanas 6 e 12 de vida (se ben poderá demorarse ata a semana vinte) e unha segunda dentro das primeiras 24 semanas.
A infección por rotavirus é unha das patoloxías previbles para as que o risco de complicacións aumenta entre os nenos nacidos prematuros, neste caso, especialmente en forma de diarreas potencialmente máis graves que nos lactantes a término. O risco de complicacións asociadas a esta enfermidade é inversamente proporcional ao peso ao nacer, de xeito que en recén nados con menos de 2,5 quilos de peso se multiplica por tres o risco
de hospitalización durante unha gastroenterite por rotavirus.
Os estudos dispoñibles sobre a efectividade da vacina amosan unha redución da hospitalización por rotavirus dun 98% en nenos nacidos con pesos inferiores a 2,5 quilos e dun 93% naqueles de menos de 1,5 quilos. A administración é compatible coa normal aplicación do resto de inmunizacións xa previstas no calendario de vacinación infantil.
A Dirección Xeral de Saúde Pública subministrará as doses requeridas polos puntos de vacinación segundo o procedemento habitual. Todas as vacinas administradas quedarán debidamente reflectidas no Rexistro do Programa Galego de Vacinación.