Sanidade estrea un autotest sobre o coronavirus
A consellería de Sanidade publica hoxe que a través desta WEB o Servizo Galego de Saúde adapta un autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade.
O autotest está elaborado por persoal sanitario. Ademais proporciona de xeito inmediato información actualizada sobre cuestións relacionadas co coronavirus. Tamén esta iniciativa permite ofrecer recomendacións adaptadas á situación particular de cada persoa.
O autotest está dispoñible en galego e castelán e ofrece catro entradas que formulan as diferentes situacións que poden estar a vivir as persoas que o realizan.
Na primeira entrada está a opción para as persoas que teñan síntomas e que estean preocupadas porque cren que poda deberse ao coronavirus: a través do recoñecemento dos síntomas e a través dun sinxelo interrogatorio danse recomendacións ou se indica como acceder ao sistema sanitario para que sexa atendido por profesionais sanitarios.
Por outra banda, a segunda entrada é para aqueles que se atopan illados ou confinados na casa: danse indicacións sobre o que deben facer mentres permanezan na súa vivenda. Tamén se indica o que deben facer no caso de que estean pendentes de que se lle tomen as mostras para saber se están contaxiados, no caso de que estean á espera dos resultados das mesmas ou se empeorou a súa clínica desde o confinamento.
As catro entradadas do autotest axudan con información útil e inmediata
Por último, na terceira entrada se informa a aqueles que deran positivo nesta enfermidade e ofrece as recomendacións a seguir mestres estean confinados ou no caso de que a súa clínica empeorase desde que permanecen no domicilio.
E a cuarta entrada ofrece información sobre as dúbidas máis frecuentes acerca de temas relacionados co coronavirus.