A Xunta reforza medidas de control sanitario por covid-19 sen restrinxir a mobilidade
Ante o avance dos contagios por covid-19 na comunidade, os expertos recomendan continuar coas restricións xa implantadas e intensificar o rastrexo de casos como medida de maior control sanitario
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe das decisións acordadas pola Xunta, tras escoitar ao comité clínico de expertos sanitarios, ante a actual situación por covid-19. Estas medidas entrarán en vigor mañá (xoves 13) despois da súa publicación esta tarde no DOG.
Feijóo explicou que aínda que a situación epidemiolóxica é boa en Galicia –cunha taxa de incidencia acumulada nos últimos 14 días catro veces inferior á de España– houbo un empeoramento coa apertura de fronteiras. Primeiro na zona da Mariña, que actualmente está en fase de resolución; e despois na área da Coruña, onde a situación é especialmente preocupante.
Por este motivo, dixo, nesta área manteranse as restricións implantadas nos últimos días. trátase da prohibición do ocio nocturno; limitación das reunións privadas ata un máximo de 10 persoas y redución do aforo ata o 50% nos comercios e hostalería. Tamén estrición das visitas e saídas de usuarios de residencias; e peche dos centros de día.
Como novidades, o titular da Xunta avanzou que se intensificará o rastrexo dos casos, cun aumento das PCR. Ademáis, a posibilidade de levar a cabo un cribado aleatorio entre os sectores da poboación máis afectados. A este respecto, cabería a posibilidade de incrementar ata as 1.200 as probas PCR que se realizan na área de Coruña.
Do mesmo xeito, Feijóo sinalou que se solicitará aos concellos e a Delegación do Goberno que, a través das súas policías locais e Forzas de Seguridade do Estado, estean vixiantes e proactivos para evitar a propagación do covid-19.
O presidente da Xunta trasladou outras dúas medidas que se están a analizar nestes momentos. Unha é a posibilidade de restrinxir o número de acompañantes aos enfermos hospitalizados na área sanitaria da Coruña e de ampliar a restrición do ocio nocturno a máis zonas de Galicia.
Control xeral á mobilidade
Por outra banda, Feijóo adiantou que, polo momento, non se prevé establecer medidas de control xeral da mobilidade. Sen prexuízo de que isto poida variar nos vindeiros días. “O comité clínico volverá reunirse dentro dunha semana para decidir se se manteñen, suavizan ou incrementar as medidas”, aseverou. A maiores, o mesmo comité analizou un protocolo de actuación relativo aos traballadores temporeiros. Éste fala de medidas de prevención e control que cobran especial relevancia coa recolección de froitos e a vendima no próximo mes.
Prohibición de fumar
Finalmente, outra das cuestións abordadas foi a prohibición, en toda Galicia, de fumar nas rúas e terrazas cando non se poida manter a distancia de seguridade. Ao longo da súa intervención, o mandatario galego volveu insistir na necesidade dunha reforma. Permitir ás CCAA ter autoridade e adoptar medidas con respaldo legal no ámbito da Lei orgánica de saúde pública. Unha reclamación que xa fora trasladada en todas as conferencias de presidente e que hoxe, sinalou, “é un clamor”.
O presidente da Xunta rematou a súa intervención agradecendo aos profesionais da sanidade pública o seu labor profesional e compromiso. Fixo un chamamento á responsabilidade individual, especialmente aos máis novos. “O virus non colle vacacións. Non podemos baixar a garda”, finalizou.