A contratación a segunda unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-juvenil
A Xunta de Galicia publica a contratación da obra da segunda unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-juvenil de Galicia.
Neste sentido, a publicación se atopa na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. Tamén aclarar que esta segunda unidade é para pacientes agudos con ingreso e situarase no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O importe de licitación ascende a 1.493.709 euros.
Ademais esta segunda nova unidade duplicará a capacidade de atención do sistema sanitario público galego para dar resposta aos casos que necesiten hospitalización con ingreso por patoloxía psiquiátrica aguda grave infanto-juvenil. A súa posta en marcha está prevista para 2023 e sumarase á que está en funcionamento na área sanitaria de Santiago e Barbanza e dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas de saúde mental.
De feito, funcionará como unidade de referencia para todo o sur de Galicia (incluíndo as áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra e o Salnés, e a área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras). Tamén permitirá facer fronte ao incremento da demanda que se observa nestas patoloxías, especialmente intentos de suicidio, trastornos de conduta alimentaria ou trastorno psicóticos.
Así, ás sete prazas coas que conta actualmente a unidade de Santiago uniranse ás seis coas que contará inicialmente a de Vigo.
740 m² no hospital de Vigo
Engadir que a actuación implica o acondicionamento dunha zona de 740 metros cadrados no Hospital Álvaro Cunqueiro. A nova unidade contará cunha zona asistencial con seis habitacións, un box, un despacho polivalente e un aseo, e disporá tamén de espazo de control con catro consultas, despacho de supervisión, zona de enfermaría -sala de estar e zona de control-, sala de técnicas, aseos, almacéns e locais técnicos, así coma un espazo de docencia e estar -con aula, sala de xogos, despacho docente, sala de espera de familiares e aseo-.