Qué sabes do novo hospital coruñés?
Alberto Núñez Feijóo, presidente do Goberno galego, comprometeu o 29 de xaneiro, a licitación neste 2020 do proxecto construtivo do novo Hospital Público da Coruña. A nova edificación contará co dobre de superficie:
- máis de 200.000 metros cadrados para contar cun 108% máis de postos en urxencias,
- cun 49% máis de consultas,
- cun 30% máis de quirófanos;
- cun 15% máis de camas, das que o 55% serán individuais;
- e cun 90% máis de postos de hospital de día.
Tamén anunciou que no 2020 licitaranse e adxudicaranse as obras de remodelación das antigas urxencias; licitarase o proxecto construtivo de toda a actuación e darase resposta ao un novo edificio de hospitalización singular.
A ubicación definitiva é ao carón do CHUAC e levarase a cabo á expropiación dos máis de 30.000 m2 que se necesitan para a ampliación dos viais, as obras de abastacemento, saneamento e eléctricas que conleva o proxecto.
Na nova actuación a infraestrutura contará cun investimento de 395 millóns de euros, que se sumarán aos 100 millóns de euros que xa se investiron para renovar o 70% do hospital actual.
Ademais o novo hospital responderá ás dúas prioridades marcadas cando se iniciou o proxecto:
- seguir mellorando a sanidade pública da Coruña, dando resposta ao incremento de demanda que se prevé no futuro;
- e seguir mellorando a Sanidade pública no seu conxunto.
Por outra banda, a edificación contará ademais cun edificio de investigación e de innovación que dará respaldo docente a comunidade universitaria.
Renovación do Abente y Lago e Oza
O novo proxecto forma parte dunha actuación completa encamiñada a actuar en toda a área e que inclúe o compromiso de renovar o Abente y Lago e o Hospital de Oza, cun investimento total de máis de 12 millóns de euros.