Sanidade cita á infancia para recibir a segunda dose da vacina de gripe
A Xunta de Galicia cita aos nenos e nenas para recibir a segunda dose da vacina de gripe en hospitais.
Asi, desde a consellería de Sanidade, desde o mércores 14 de decembro, se cita aos nenos e nenas de entre 5 e 59 meses que se vacinaron da gripe, para a administración da segunda dose.
Ademais Sanidade enviará citacións por SMS indicando o día e a hora para acudir ao mesmo centro onde recibiron a primeira dose.
A poboación pediátrica de Santiago, que se vacinou dentro do programa piloto, será citada:
- a partir do 14 de decembro, para o sábado 17 de decembro, pola tarde
- ou para o domingo 18 de decembro, en horario de mañá.
O lugar da cita é no servizo de pediatría do Complexo Universitario de Santiago de Compostela.
Tamén ao resto dos nenos e nenas que recibiron a vacina unha semana mais tarde noutras áreas sanitarias, se lles enviarán SMS o martes, 20 de decembro, para ser citados entre o 23 e o 27 de decembro, dependendo da área sanitaria á que pertencen, coa seguinte previsión:
- CEE, FERROL, O BARCO E VERÍN: venres, 23 de decembro, en horario de tarde
- A MARIÑA, MONFORTE, BARBANZA, O SALNÉS, SANTIAGO, OURENSE, PONTEVEDRA E LUGO: venres, 23 de decembro e luns, 26 de decembro, en horario de tarde
- CORUÑA E VIGO: venres 23 de decembro, luns, 26 de decembro e martes, 27 de decembro, en horario de tarde