Vacinación da gripe para os mais pequenos

Recomendación da vacinación da gripe para os mais pequenos // foto badalnovas.com - El Portal de la Infancia

A Consellería de Sanidade lembra a importancia da vacinación da gripe para o grupo de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 59 meses.

A Xunta de Galicia comenzou onte o envío de SMS aos pais, nais e titores dos menores deste grupo de idade. Ata o de agora, enviáronse 61.900 mensaxes dirixidas a usuarios de tarxetas sanitarias de nenas e nenos non vacinados e que non tiñan cita programada, lembrando a recomendación da vaciña da gripe neste tramo de idade.

Ata o de agora, en Galicia foron vacinados da gripe un total de 6.558 rapaces de entre 6 e 59 meses.

A vacinación dos máis novos levase a cabo nos seus centros de saúde. Pódese pedir cita a traves da app Sergas Móbil, internet ou por teléfono. No seguinte enlace facilítase máis información: https://www.sergas.es/Saude publica/Documents/3293/Instrucion_gripe_2022.pdf

A Consellería de Sanidade incluíu este ano no calendario de vacinación infantil a vacina antigripal tetravalente para os menores neses tramos de idade, unha medida pioneira entre as comunidades autónomas coa que pretende evitarse a transmisión desta enfermidade entre a poboación, xa que está demostrado que os menores constitúen o principal motor de transmisión da gripe.