14 medallas para Arteixo no Campionato Galego de natación

Ademáis, terán participación en dous Campionatos de España, no Campionato de Europa de Augas Abertas, e celebrarán a Travesía de Suevos
Campionato galego de Natación, Club Sarval Arteixo
photo_camera Nadadores do Club Natación Arteixo no Campionato Galego

O equipo feminino absoluto do CNA leva subindo o podio en Campionatos Galegos ininterrumpidamente dende decembro de 2014

Esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de categorías Junior e Absoluta. Foi un gran fin de semana competitivo que celebrouse en dous turnos por temas de aforos. No primeiro, de venres e sábado competiron os nenos, e no segundo, de sábado e domingo, o fixeron as nenas. Foron seis sesións intensas e moi boas a nivel competitivo para o Club Natación Sarval Arteixo.

Participaron un total de sete nadadores e seis nadadoras que acadaron os seguintes postos nas clasificacións por equipos:

  • categoría junior, 6º masculino, 10º feminino e 7º conxunto
  • categoría absoluta, 11º masculino, 4º feminino e 9º conxunto

Cabe destacar o gran nivel de marcas personais dos polos deportistas arteixáns e un total de dez medallas para:

Un gran equipo de campionato

A nivel de equipo sempre cabe destacar a presencia en tódalas remudas, destacando sobre todo os postos junior masculino, un cuarto en 4x100 estilos e dous sextos en 4x100 e 4x200 libre. E as catro medallas acadadas en remudas femininas, foron ouro en 4x100 estilos, prata en 4x50 libre e 4x50 estilos e bronce en 4x100 libre. O equipo feminino absoluto do Arteixo leva subindo o podio en Campionatos Galegos ininterrumpidamente dende decembro de 2014, toda unha referencia para a natación galega feminina.

Pero hai que seguir atentos a este equipo, xa que a tempada non remata ainda para eles. Terán participación en dous Campionatos de España, no Campionato de Europa de Augas Abertas, e celebrarán a Travesía de Suevos.

Más en Deportes