CNA no Campionato Galego de Augas Abertas

Foi unha boa carreira para tódolos representantes do Club Natación Arteixo, moitos dos cales estreábanse neste campionato
nadadores do CNA no campionato en Ponteareas
photo_camera Deportistas de Arteixo no campionato en Ponteareas o pasado fin de semana

Mateo García, Ana Veiga e Alba Gómez foron medallistas no campionato en Ponteareas

O fin de semana celebrouse o Campionato Galego de Augas Abertas en Ponteareas, na Praia Fluvial da Freixa (Río Tea). O Club Natación Arteixo asistiu con un total de nove nadadores e nadadoras de diferentes categorías. Na clasificación por clubs o CNA acadou o 4º posto na masculina, feminina e clasificación conxunta. O percorrido consistía en catro voltas de 1250 metros, 5000 metros en total para tódalas categorías. A proba comezou con unha saída moi disputada e rápida, a carreira en seguida se dispersou en grupos, nadando en posicións bastante cómodas. " É un orgullo para este Club contar con este ascenso de participantes nesta modalidade da natación, que axuda a vivir novas experiencias competitivas aparte das típicas de piscina", explica Lucía Leiro, directora deportiva de CNA.

Os medallistas do campionato foron Mateo García, ouro Junior-1, Ana Veiga, prata Senior e Alba Gómez, bronce Senior. Foi unha boa carreira para tódolos representantes do Arteixo, moitos dos cales estreábanse neste campionato.

Fin de tempada e campus desde o 27 de xuño

Leiro adelanta, ademáis, que o club "terá un final de tempada moi movido, xa que participa en tódolos Campionatos Galegos de categorías e nos de España Infantil, Junior e Absoluto. Ademáis, súa nadadora máis internacional, Paula Otero, sae pronto para Budapest para participar no Campionato do Mundo.

Ademáis, o CNA retoma o seu tradicional Campus Deportivo de verán “Xoga coa Auga”. Está previsto do 27 de xuño ata o 8 de xullo, e contará con numerosas actividades deportivas e lúdicas dirixidas a nenos e nenas de 6 a 17 anos.

Más en Deportes