Sábado e domingo, copa infantil e campionato galego de Trial

Ambos campionato desenvolveranse na ladeira sur do Monte da Penouqueira no Concello de Arteixo mañá e o domingo 31 de outubro
campionato montanismo arteixo
photo_camera Campionato montomontañismo en Arteixo el 30 y 31 de outubro

O Club Motomontañismo Arteixo organiza la II Copa Galega de Trial Infantil e o Campionato Galego de Trial

O Club Motomontañismo Arteixo organiza actividades deportivas en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo. Así, los días 30 e 31 de outubro se disputa a segunda proba da Copa Galega de Trial Infantil 2021 e o Campionato Galego de Trial 2021.

Ambas competicións desenvolveranse na ladeira sur do Monte da Penouqueira, no Concello de Arteixo. O paddock e as saída situaranse na contorna de Rúa Pontevedra, Rúa Betanzos e Rúa Mondoñedo.

A proba da Copa Galega de Trial Infantil celebrarase o día 30 de outubro e dará comezo ás 15:00 horas. coa apertura do parque de pilotos. Finalizará ás 19:05 horas. coa entrega de trofeos. Estímase que participarán un total de 10 pilotos, distribuídos nas categorías de Iniciación, Alevín e Xuvenil.

A proba do Campionato Galego de Trial é o día 31 de outubro e dará comezo ás 9:30 horas coa saída do primeiro piloto. Finalizará ás 14:35 horas. coa entrega de trofeos. A participarán nesta proba é de 40 pilotos pertencentes ás categorías de TR1, TR2, TR3, TR4, TR5 e Clásicas.

Más en Deportes