O Club Natación Arteixo en el Villa de Gijón

A natación está a volver a normalidade a través da competición e as categorías inferioresparticipan cada fin de semana nas ligas territoriais
Club Natación Arteixo y deportistas en Gijón
photo_camera Alba Gómez, participó no torneo da natación en Gijón

Participaban un total de 36 equipos de natación, dos que algúns eran seleccións autonómicas como a Galega Infantil e Junior

Esta fin de semana o Club Natación Arteixo (CNA) participou cun equipo de sete nadadores e nadadoras de categorías junior e absoluta no prestixioso Trofeo Internacional Villa de Gijón. Foi un torneo con moi bo nivel de marcas, tanto xeral coma para os deportistas arteixáns que tiveron presencia en tres semifinais e nove finais. Alba Gómez acadou o 7º posto Táboa Fina feminino do campionato.

Participaban un total de 36 equipos, dos que algúns eran seleccións autonómicas, entre elas a Selección Galega Infantil e Junior. O Club Natación Arteixo acadou o 19º posto na clasificación conxunta. Participaron en dúas remudas mixtas, en 4x50 libre o sábado, e en 4x50 estilos o domingo, acadaron os postos 13 e 9.

Nas probas de 100 e 200 había eliminatorias e finais, nas de 50, eliminatorias, semifinais e finais. O CNA tivo tres finalistas, Alba Gómez, que entrou na final de tódalas probas nas que participou, 50, 100, 200 libre, 50 bolboreta e 200 estilos. Miguel Gómez, finalista en 100 e 200 braza, e Antía Gómez, finalista en 50 e 100 costas. A nadadora de categoría absoluta Alba Gómez Mesías foi premiada co 7º posto Táboa Fina pola marca na proba de 200 libre.

A natación está a volver a buscar a normalidade a través da competición. As categorías inferiores están participando cada fin de semana nas súas ligas territoriais. O vindeiro sábado, día 30, celébrase en Ourense o clásico Pedro Escudero. Ademáis, pronto comeza a época dos tan desexados Campionatos Galegos.

Más en Deportes