Éxito do CNA no Campionato Galego Máster

O Club Natación Arteixo (CNA) tivo gran éxito no Campionato Galego de Inverno Máster celebrado os días 15 e 16 de xaneiro en Ponteareas.
campionatos CNA Arteixo
photo_camera Equipo do Club Natación Arteixo no podio de medallas.

O campionato no que participou o CNA celebrouse os días 15 e 16 de xaneiro en Ponteareas.

Así, recén chegados do Campionato Galego de Inverno Máster (CNA), os nadadores máis veteráns do Club Natación Arteixo, volven con moi bos resultados,: un récord galego e 13 medallas. Este é o resumo desta fin de semana en Ponteareas.

Como equipo, os sete deportistas acadaron os seguintes postos: 16º masculino, 17º feminino e 18º conxunto. Nas remudas mixtas acadaron o 6º posto da categoría +200 en 4x50 Estilos, e o 12º na categoría +160 en 4x50 libre.

Ademais, a nivel individual, o CNA tivo cinco medallistas. Acadaron un total de 6 ouros, 6 pratas e 1 bronce, Ramón, Raquel, Diego, Rubén e Xeila. Ramón Folch acadou o premio ó participante masculino de máis idade, ademáis de batir unha vez máis un récord galego, nesta ocasión o de 200 libre da categoría +85.

Tamén, o Club Natación Arteixo vai sumando éxitos dende as categorías de base, ata chegar a estas ídades, nas que a natación de competición está en pleno auxe. Máis de 400 nadadores/as participaron neste campionato.

Ramón Folch co premio ó participante masculino de máis idade

Más en Deportes