Dúas mil prazas para actividades deportivas de verán en Arteixo

A Concellería de Deportes, a través deste programa de verán, contrubúe a fomentar o asociacionismo apoiando o tecido local
Deportes de verán en Arteixo 2021
photo_camera Programa deportivo de verán Arteixo 2021

O Servizo Municipal de Deportes presenta o Programa Deportivo de verán 2021

Máis de 2.000 prazas de diferentes actividades oferta o Concello de Arteixo neste verán. As mesmas, contan coa colaboración de diversas entidades deportivas locais co fin de achegar aos cidadáns de Arteixo. O obxectivo é promover hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais. Por isto, a Concellería de Deportes a través deste programa, contrubúe a fomentar o asociacionismo, apoiando o tecido local coas distintas actividades nas que colabora.

Cursos de surf

1.    Prazo de preinscrición: Do 1 ao 10 de xuño O impreso de preinscrición poderase recoller de xeito presencial  no Servizo Municipal de Deportes con cita previa, podendo solicitarse no número 981659172 ou a través do correo electrónico [email protected]. Do mesmo xeito poderá descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Asimesmo poderase enviar á dirección [email protected].

2.    Exposición de persoas preinscritas: A partir do 14 de xuño na páxina web municipal.

3.    No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

4.    Sorteo público: 17 de xuño ás 11:00 h no Pazo dos Deportes

5.    Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 18 de xuño na páxina web municipal

6.    Prazo de matrícula: Do 21 ao 24 de xuño. É obrigatorio entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou na dirección [email protected]. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

7.    De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 28 de xuño

8.    Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

CAMPUSPlazas OfertadasORGANIZALUGARDATAS INFORMACIÓN
CAMPUS MULTIDEPORTE CONCELLO DE ARTEIXO80Servizo Municipal de DeportesPazo dos Deportes 23-30 xuño, 1-7 setembro[email protected], 981659172
CURSOS MUNICIPAIS DE VERÁN DE SURF 240Servizo Municipal de DeportesPraias Arteixoxuño, xullo, agosto, setembro[email protected], 981659172
CAMPUS MULTIDEPORTE PISCINA MUNICIPAL ARTEIXO150Beone ArteixoPiscina Municipal1-15, 16-31 xullo, 1-15, 16-31 agosto[email protected], 981633444
CAMPUS VERÁN ATLÉTICO ARTEIXO100Club Atlético ArteixoCampos de Fútbol de Arteixo5-16 xullo, 19-30 xullo[email protected]
CAMPUS DEPOR ATLÉTICO ARTEIXO50At Arteixo e Deportivo A CoruñaCampos de Futbol de Arteixo28 xuño - 2 xulo[email protected]
IX CAMPUS DEPORTIVO DE CICLISMO DE MONTAÑA30Club Ciclista ArteixoLocal Club Ciclista28 xuño-2 xullo, 5-16 xullo, 19-30 xullo[email protected],  693411098
XV CAMPUS DE BALONCESTO75Club Baloncesto ArteixoPolideportivo Ponte dos Brozos5-9 xullo, 12-16 xullo, 19-23 xullo[email protected], 606276115
IX CAMPUS DEPORTIVO JUDO CLUB ARTEIXO50Judo Club ArteixoArteixo28 xuño-2 xullo, 5-9 xullo[email protected], 678711825
I CAMPUS DE VERÁN EDUKAJUDO50Judo Club EdukajudoArteixo29 xuño-2 xullo, 5-9 xullowww.edukajudo.com, 676239184
V ESCOLA DE BALONCESTO C.B.Arteixo  75Club Baloncesto ArteixoPazo dos Deportes 9-12 agosto, 16-19 agosto, 23-26 agosto[email protected], 606276115
VII CAMPUS TRIATLÓN ARTEIXO25Club Triatlón ArteixoArteixo2-13 de agosto[email protected] 
CAMPUS DE VERÁN DE PATINAXE ARTÍSTICA125Club Deportivo FervelloPabellón Meicende1-15,16-31 xullo,1-15,16-31 agosto,1 sep_[email protected], 620251227
ESCOLA DE SALVAMENTO E SOCORRISMO DE VERÁN60Club Salvar e surf ArteixoPraia de SabónXullo e agosto ( luns e mércores)[email protected] e 691105357
FUNNY CAMP200Salvar, Surf Arteixo, Judo ArteixoAgarimo e Villa XuvenilXullo e agosto ( luns e mércores)[email protected] 691105357
CAMPAMENTO DE SURF LA DUNA SURF360La Duna SurfPraias Sabón e Barrañánxuño, xullo, agosto, setembro[email protected] , 643815512
CAMPAMENTO DE AVENTURA LA DUNA SURF360La Duna SurfPraias Sabón e Barrañánxuño, xullo, agosto, setembro[email protected] , 643815512
CURSOS DE SURF LA DUNA SURF360La Duna SurfPraias Sabón e Barrañánxuño, xullo, agosto, setembro[email protected] , 643815512

Más en Deportes