Eva Sánchez finalista no Campionato de España Infantil

Nadou en catro probas de estilos e participou na súa mellor especialidade, as probas de costas, nas que acadou postos de finalista
Eva Sánchez fue finalista en el campeonato nacional de natación infantil
photo_camera A nadadora de CNA, Eva Sánchez, finalista en Logroño

A nadadora do Club Natación Arteixo foi finalista en dúas probas

Eva Sánchez Bello, nadadora de 15 anos do Club Natación Arteixo ven de participar no Campionato de España Infantil donde foi finalista en dúas probas. Ademáis, Eva acadou moi boas marcas persoais. A competición se celebrou en Logroño dende o xoves 28 ata o domingo 3 no Complexo Deportivo das Norias, con piscina de 50 metros ó aire libre.

Esta deportista leva una época de moi boa progresión. Nadou en catro probas de estilos, acadando os postos 21º en 200  e 22º en 400. E participou, tamén, na súa mellor especialidade, as probas de costas, nas que acadou postos de finalista. Rematou no 9º posto en 100 e 10º en 200 costas.

Con esta participación, a mayoría dos nadadores do club arteixán CNA fai un descanso para retomar a nova tempada en setembre. Coa excepción da participación de Paula Otero coa Selección Española no Campionato de Europa que se celebra en Roma do 11 o 17 de agosto. Paula nadará un total de tres probas, 400, 800 e 1500 libre.

Más en Deportes